OS ESPECTACULOS E A DIVERSIÓN

Tres eran as construccións preferidas dos romanos e romanas cando buscaban diversión:
O TEATRO
O ANFITEATRO
O CIRCO

O TEATRO ROMANO
Aos romanos gustáballes  a música e a danza. Grupos de músicos ambulantes actuaban nas rúas e eran contratados para festas privadas. Os instrumentos máis populares eran a gaita, a flauta, os platillos as castañolas e as trompas, inda que as persoas ricas e educadas consideraban estes instrumentos vulgares e preferían o son suave da lira, moi utilizada para acompañar a poetas e cantantes.

As obras de teatro , na súa orixe , formaban parte de festivais relixiosos. Algúns dramas famosos representaban lendas e mitos antigos para facer pensar ao espectador sobre moral ou política. Máis tarde escibironse obras de teatro sobre todo tipo de temas, incluindo a actualidade e a política. Ás veces eran pagadas por políticos ricos para difundir a súa mensaxe e repartían entradas entre os cidadans para gañar votos.
Todos os papeis das obras de teatro eran representados por homes. Para interpretar papeis de muller poñíanse máscaras e roupas femininas. As mulleres non podían ser actrices, agás nas pantomimas.
Os actores romanos levaban máscaras. Nos grandes teatro, as máscaras axudaban ao público a comprender que sentía cada personaxe. Estaban talladas e pintadas de cores brillantes. Tiñan rasgos e expresións esaxeradas de ledicia, medo, tristura...
Os teatros eran edificios amplios e ben construidos. Estaban tan ben diseñadaso que o público podía escoitar aos actores inda dende as últimas filas. En España atópase o teatro de Merida, un dos teatros romanos mellor conservados. Tiña capacidade para unhas cinco mil persoas. O decorado poddía ser moi complicado e necesitaba unha complexa maquinaria para desplazalo.
Os espectadores preferían as comedias ás traxedias. As primeiras tiñan un final feliz e facían rir ao público. As traxedias eran serias e había sufrimento e tristeza. Aos romanos tamén lles gustaban os payasos e os espectáculos de mimo, historias narradas sen palabras , a través de xestos, movementos acrobáticos e danza.

OS XOGOS DE AZAR
Eran moi afeicioados aos xogos de azar. Adultos e nenos romanos disfrutabna xogando aos dados e ás tabas, o que requería uns dedos áxiles, e a xogos que dependían da sorte e a axilidade. Xogaban por diversión , pero os adultos tamén facían apostas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario