AS CIDADES ROMANAS
As cidades romanas seguiron o modelo de Roma. Trátase de cidades incialmente moi ben planificadas, seguindo unha organización cuadricular, con dúas grandes avenidas principais( "cardo" e "decumano"), respecto das cales e paralelamente a elas aparecen o resto das rúas.
Na cidade romana a vida faise fundamentalmente ao aire libre: rúas con beirarrúas e pasos de peón, prazas porticadas con templos rodeados de xardíns...
No centro da cidade sitúanse os edificios públicos en torno a unha gran plaza principal-o "FORO": a curia, onde se reune o senado local, templos, e basílicas, teatro, anfiteatro e circo, mercados termas e latrinas.
Ao seu redor, as residencias particulares ou "domus",grandes casas patricias tradicionais, de planta baixa, independentes, e as "tabernae", casas que se aliñaban a ambos os dous lados da rúa, con vivenda na planta superior("pergulae") e pequenos comercios ou obradoiros na planta baixa.
Nos séculos II e I a.C.(final da República) Roma recibe diariamente novos habitantes: labregos arruinados, antigos soldados ou xente procedente do resto de Italia atraidos polas oportunidades das grandes cidades.
Esta presión demográfica sumada aá especulación do solo acaban alterando a fisonomía destas cidades. Para poder aloxar a toda esta xente edíficanse numerosas "insulae", manzanas de bloques de pisos.
As rúas non teñen nome, nin as casas número, polo que resulta dificil orientarse. As cidades romanas son , a miudo , un labirinto ruidoso, sucio e caótic. A maikoria da poboación vive en pequenos aprtamentos ou cuartos de aluguer. Debido á gran demanda, os propietarios especulas e os bloques de pisos incumplen as leis. Ás veces derrúbase por seren deamsiados altos ou estaren construidos con materiais de pouca calidade.
Os muros das cidades romanas están inzados de graffiti. Estes permítennos coñecer mellor o modo de pensar e sentir romanos.
RECREACIÓN EN 3D DA CIDADE DE ITÁLICA
As cidades de Herculano, Ostia e Pompeia tras a súa desaparición debido á erupción do volcán Vesubio no ano 79 d.C. e a posterior excavación das mesmas deixáronnos unha autentica instantánea da vida nas cidades.

No hay comentarios:
Publicar un comentario