AS TERMAS

Os romanos ían aos baños público a relaxarse. Estes enormes edificios, chamados "termas" eran moito máis que un lugar onde asearse.Eran un lugar onde reunirse cos amigos, onde se podía participar realizando diferentes deportes, exercicio , recibir  unha masaxe, ou mesmo cortarse o pelo, ler na súa biblioteca, tomar un aperitivo ou admirar obras de arte nas súas galerías. Asistían a diario e empregaban aceites e ungüentos para o aseo e as masaxes. Inda que estas instalacións necesitaban dispoñer de moita cantidade de auga e un número importante de esclavos, a entrada ás termas públicas era moi barata, inda en moitos casos, gratuita.
Inicialmente homes e mulleres ían xuntos, pero posteriormente fixéronse termas separadas, ou ben o horario se repartia: as mulleres polas mañás e os homes polas tardes. Usaban unhas sandalias de madeira porque o solo queimaba nalgunhas estancias e "estrigilos", uns instrumentos de metal cos que rascaban todo o corpo previamente untado de aceite. No interior das termas ían espidos.
PRINCIPAIS ESPACIOS DAS TERMAS
A Palestra: era un espacio ao aire libre rodeado por un pórtico para practicar os exercicios físicos e ximnásticos. Adoitaba ter tamén unha piscina de auga fria, chamada "natatio" para despois dos exercicios e antes dos baños termais.
O Apodyterium: vestíbulo con bancos de pedra e "fornículos", taquillas onde deixaban a roupa, os ungüentos e os estrigilos baixa a vixiancia dos esclavos.
O Frigidarium: era a sala reservada ao baño frío cunha especie de bañeira cuns pequenos escalóns("alveus") que servían tanto de acceso como de asento


O Tepidarium: sala atemperada, usada normalmente para masaxes e zona de paso para a sala quente.
O Caldarium: era a sala do baño quente cun ábside nun lateral; tiña unha piscina quente para o baño,alveus, e unha fonte circular de auga fría para refrescarse,o "labrum"  

O Hipocaustum: construcción de pilares ou arcos que sostiñan o pavimento, creando un oco que permitía a circulación do aire quente dende os fornos mantendo quente a auga e as paredes e o solo do caldarium e do tepidarium.
O PRAEFURNIUM: o forno para quentar a auga e o aire que circulaba polo hipocaustum.
O LACONICUM: habitación para baños de vapor, semellante ás saunas actuais.
AS LATRINAE: aseos públicos donde podían sentarse varias persoas á vez.

ETAPAS DO BAÑO.
Había que pasar por cinco etapas. Tras cambiarse os bañistas pasaban a unha estancia moi quente, chea de vapor, onde se sentaban un rato.Logo pasaban a unha quente e seca, onde un esclavo lles quitaba o suor e a suciedade da pel cun rascador de metal(estrigilos) e aceite de oliva. Para refrescarse dábanse un baño nunha piscina de auga morna e, por último, en auga fría.

No hay comentarios:

Publicar un comentario