OS ROMANOS EN GALICIA

A CHEGADA DOS ROMANOS A GALICIA



Coa chegada dos romanos a Galicia entramos na historia, posto que a cultura castrexa , en pleno apoxeo, carecía de documentos escritos feitos polos seus habitantes. Agora, inda que nunha lingua allea(o latín traido polos soldados romanos) aportará os primeiros documentos escritos sobre estas terras e as súas xentes e costumes.
A maioria da xente seguiu vivindo nos castros ata comezos da Idade Media, xa que a resposta á conquista foi moi diferente segundo os lugares e pobos. As zonas máis hacia o sur e o leste foron as máis permeables, desenvolvendose nelas de xeito máis profundo e extenso a romanización. As élites dos casstros destas zonas colaboraron sen problema co invasor, aculturándose rapidamente, facéndose ricos baixo a protección dos romanos, incorporándose a súa estructura sociopoliítica.
Os romanos chegan ás nosas terras  atraídos polas lendas que falaban das grandes riquezas que segundo as lendas atesouraban abundantes metais preciosos, asi que, unha vez derrotados os fenicios e tras uns primeiros contactos aproveitando as rutas comerciais dos fenicios e tras unha serie de salvaxes incursións militares e expidicións esporádicas de rapiña, intentaran a invasión militar.
A primeira expedición militar romana a Galicia ten lugar no ano 137 a. C. encabezada por Décimo Xunio Bruto que ascende desde o rio Texo  polo interior da actual Portugal ata o río Limia, continuando polo Miño ata chegar ao Atlántico desde onde tornaría novamente ao sur. Segundo a crónica do historiador romano Paulo Orosio, darían morte a case 50.000 galaicos, xenocidio polo que sería recibido en Roma con grandes honores e gañando o alcume de Gallaicus. Probablemente trátese duha esaxeración  co fin de gañar maior sona.
Unha segunda expedición foi encabezada por Publio Licinio Craso que chegaria polas costas galegas en busca de estaño, deixando constancia da escaseza de filón deste mirneral asi como do caracter pacífico das súas xentes. Esta expedición tería un caracter comercial, acadando unha gran formtuna, deixando establecida unha relación comercial entre o Noroeste e os romanos , o que se evidencia pola presencia de materiais itálicos nalgúns castros costeiros da época.
Menos pacífica foi a expedición dirixida por Caio Xullo César, entre os anos 60 e 61, unha auténtica razzia, segundo algúns. Desembarcou no Golfo Artabro(as rías de A Coruña, Ferrol, Ares e Betanzos), tomando a cidade de Brigantium(A Coruña) saqueando poboacións e incautándose de grandes riquezas para chegar a Roma e gañar, no  ano 59 a.C., o consulado, instaurando o réxime dictatorial.
O final das guerras Cántabras  supón a definitiva instalación das tropas romanas en Hispania. Isto foi obra de Octavio  , fillo adoptivo de Cesar a quen sucedeu. Foi nomeado Augusto e Emperador polo Senado(Octavio Augusto) no ano 27 aC, iniciándose con él unha nova etapa na historia de Roma, que coñecemos como IMPERIO.
Lucus Augusti-actual Lugo- foi un campamento romano fundamental nestas guerras. Trátase dun lugar estratéxico situado nun gran chairo próximo a un río, entre o Miño e o Rato., dándose por rematadas no ano 19 a.C. Rematadas as guerras o campamento perde o seu sentido.
O legado do Cesar, Paulus Fabius Maximus funda a cidade de Lucus Augusti entre os anos 11 e 13 aC. A cidade foi medrando  e modificándose ata o século V. Podemos diferenciar tres grandes momentos.
1ª etapa: 
 Trázanse as principais vías urbanas. O cruce das dúas grandes rúas sitúase na parte alta, o que non era habitual-o normal era situalo no centro- situando o Foro co Capitolio, a Basílica e a Curia e numerosas estatuas. No século I d C refórmanse as rúas, dotándoas de beirarrúas e abastecemento de augas e desaugadoiros nas mesmas. Constrúense as termas e levántase un barrio industrial oleiros de grande importancia na fabricación de tellas e olas. Un acueducto de 1500 metros abastecia de auga á cidade, 
2ª etapa:
A finais do século III un periodo de inestabilidade trae consigo algúns cambios estructurais. É neste momento cando se construen as murallas defensivas que rodearán a cidade.Contaban con 85 torres e 4 ou 5 portas, coincidentes cos comenzos e finais das vías principais.
3ª etapa: a mediados do século IV as rúas estreitanse e constrúense cloacas.
É durante o século V que se produce o ocaso da cidade.
No 411 os vándalos entran en Gallaecia e no 460 son os suevos os que destrúen Lucus Augusti. A cidade perde a maior parte dos seus habitantes pero subsitirá ata o século VII.

MONUMENTOS ROMANOS EN GALICIA
A muralla de Lugo
video ilustrativo sobre a fundacion de Lucus Augusti e as súas murallas .
paxina web con visita virtual incluida e visitas guiadas.
http://www.arqweb.com/lucusaugusti/

http://lvcvsavgvsti.blogspot.com.es/2011/12/templo-en-santalla-de-boveda.html

Acueducto de Lucus Augusti 
http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=Lb1sr6MSizk#!

Baños de Riocaldo
Lobios(Ourense)
villas romanas
Aquis originis
miliarios
campamento romano de Cidadela (Sobrado dos Monxes)
Partiendo de La Coruña se toma la autovía del Noroeste saliendo de la misma en Montesalgueiro. Continúa el viaje hasta Teixeiro en donde se coge la carretera que conduce a Sobrado dos Monxes. Se circula hasta llegar a un desvío que aparece a mano derecha, en el lugar das Cruces, indicado con un cartel en el que se se lee "Campamento romano". El camino vecinal avanza por despoblados hasta llegar a un nucleo habitado que es precisamente Santa María da Ciadella en donde se encuentra el campamento.

Leer más: http://www.celtiberia.net/verlugar.asp?id=838#ixzz2MBMBIJKW
VIATOR IMPERI
MUY COMPLETA




video DO CAMPAMENTO DE CIADELA EN SOBRADO




CAMPAMENTO AQUIS QUERQWUENIS





No hay comentarios:

Publicar un comentario