jueves, 21 de febrero de 2013

OS DERRADEIROS DÍAS DE POMPEIA

Era o 24 de agosto do ano 79 da nosa era cando unha explosión equivalente á potencia de cen mil bombas atómicas como a que caeu en Hirosima facía estoupar igual que nunha ola a presión, o Vesubio, expulsando á atmósfera gases venenosos e cinza ata unha altura de 20 kilómetros. Pesie á tremenda explosión os cidadáns de Pompeia seguiron cos seus labores, afeitos aos enfados do Vesubio. Un ha hora máis tarde comezou a chover "lapilli"(pedras pequeniñas) que en minutos cubriron por completo rúas e tellados.Os pompeianos entraron, asustados, nas sús casas. Cando chegou a noite esta alfombra tiña un espesor de seis metros e os tellados comezaron a ceder. Entón a xente tentou fuxir, pero xa era demasiado tarde. Sucedéronse terremotos e tsunamis e cando chegou o mencer do día seguinte, unha avalancha de laba arrasou canto atopou en 18 kilómetros á redonda. Non sepodái respirar pois o aire cheo de azofre alcanzou  os 300ºC. Pompeia e a veciña cidade de Herculano quedaron cubertas dunha masa semellante ao chapapote e cuberta por cinza. Deste xeito e durante séculos esta cidade foi esquecida e descuberta 1700 anos despois de forma casual por un campesiño cando pretendía avrir un pozo. Foron enseñeiros do exército español quenes realizaron as primeiras excavacións, pois no ano 1748 o rei de Nápoles era Carlos de Borbón, futuro Carlos III de España.

Pero , como era Pompeia antes de desaparecer baixo a lava?
Pompeia era unha cidade cosmopolita. Tiñas rúas pavimetadas, alfantarillas¡do, pasos de peóns, termas, teatros con acomodadores, consultorios médicos e tabernas onde os cidadáns tomaban o paeritivo. Nunha delas, o termopolio de Larario, atopouse a recadacion dese día, 683 sestercios.
Tratándose dun porto de mar abundaban os comerciantes, realizábanse negocios, e se levaban a cabo todo tipo de maniobras políticas. Nas portas das casas inda se le "Salve lucrum" (Bienvenido dinero).
Había tendas de roupa, lavanderías onde blanqueaban as prendas con ouriños de comelo, alfareiros, adegas, vidrieiros, peixarías, carpinteiros de ribeira, xogadores de dados, templos de divinidades paganas e exipcias...E sexo e prostitución(existían nove burdeles).
Pero tamén era unha cidade refinada onde se comían nove clases de pan. A súa dieta completávase con figos, aceitunas, noces, peras, galletas e inda ourizos de mar. Aderezaban seus pratos con garum , unha salsa que importaban de Hispania. Nesta cidade respirabase arte e cultura, con pintores e poetas. Consérvanse 400 frescos no Museo Arqueolóxico de Napoles. As vivendas dos potentados estaban decoradas con mosaicos, tiñan fontes e xardíns. As mulleres ían a `perruqueria, lucían xoias deseñadas polos orfebres máis habiles da Campanía, vestían á moda.



(Estracto do artigo de Carlos Manuel Sánchez no dominical do diario "El País" del 2 de enero de 2011)


domingo, 17 de febrero de 2013

CIRCO ROMANO

Algúns romanos preferían un día nas carreiras. Nos circos celebrábanse carreiras de carros tirados por catro cabalos(cuadrigas). O máis famosos era o Circus Maximus de Roma, con capacidade para 250.000 espectadores. Podían celebrarse 24 carreiras nun día e en cada unha participaban 12 carros, que daban sete voltas ao circuito ovalados, uns oito kilómetros.


O COLISEO


Os arquitectos romanos foron constructores de edificios siviles, como anfiteatros, teatro, panteóns, arcos de triunfo...De todos eles destaca o gran Coliseo de Roma: un magnífico anfiteatro de catro pisos e palanta circular onde se celebraban loitas entre gladiadores e tamén con animais salvaxes e en ocasións grades batallas navais. A estes impresionantes espectáculos acudían dende o emperador ata o pobo llano.
Fixate nesta crónica atopada nunhas tabliñas da época do emperador Tito sobre o ocurrido nunha tarde no Coliseo de Roma no que se contan loitas con gladiadores e outros acontecementos.




ACUEDUCTOS

O emprego do arco de medio punto permitiu aos romanos desenvolver unha das maiores obras de inxenería : o acueducto. Formado por unha sucesión de arcos serviu para abastecer de auga ás cidades do Imperio. Nos lugares onde a auga escaseaba existia ademáis un sistema hidráulico de aproveitamento das augas de inverno, con pantanos e canais para conducilas nas pendentes, a fin de qeu non se perdera nin unha pinga.
A auga corría por unha canle cuberta na parte superior do acueducto.
Os acueductos salvaban distancias de varios kilómetros para transportar auga, como sucede cos de Claudio en Roma, o de Segovia e o dos Milagros en Mérida. Como exemplo de lago artificial, destaca en España o Lago de Proserpina, que leva auga a Merida a través do seu acueducto.


sábado, 16 de febrero de 2013

MONUMENTOS CONMEMORATIVOS

Os conquistadores romanos erguían monumentos para celebras as súas victorias. Estes forno fundamentalmente dous: os ARCOS DE TRIUNFO e AS COLUMNAS.

AS COLUMNAS CONMEMORATIVAS
O exemplo máis significativo deste tipo de monumento é a "Columna Trajana" de Roma, decorada con releves en espiral que mostran escenas das súas victorias, con 38 metros de altura incluindo o seu pedestal.
O seu interior ten unha escaleira de caracol  que permite o acceso a un mirador na parte superior.
Nestes relevos aparecen escneas moi variadas das campañas contra os dacios(guerreiros de Rumanía), destacando as relativas á vida no campamento, a construcción dun acueducto ou o asedio a unha cidade. Inclue 2500 figuras humanas e o emperadora aparece en 59 ocasións. Este relevo constitúe unha valiosa fonte de información sobre o exército romano.
En España consérvanse poucos resto destas columnas inda que deberon ser abundantes. Consérvanse catro en Ourense, en San Xoan do Rio, dúas delas dedicadas aos emperadores Flavio Claudio Juliano e Constantino Augusto segundo figuran nas incripcións, e outras tres en Ciudad Rodrigo (Salamanca) na honra do Emperador Augusto. Son catro columnas que estaban situadas nun cruce de camiños.




ARCOS DE TRIUNFO


ARCO DE CONSTANTINO , EN ROMA

Trátase dunha construcción carente dun espacio interior habitable. A súa función aproximase á da columna conmemorativa, concebida para ser vista dende fora. Neste sentido estaría máis relacionado coa escultura que coa arquitectura. Pode ter un ou tres arcos, o central máis alto e ancho que os laterais. Decorado con relevos relacionados co feito conmemorado e inscripcións que narran as campañas realizadas e louban a quen as dirixiu.

ARCO DE BARÁ EN TARRAGONA


GUÍA DIDÁCTICA

A VIDA COTIÁ DOS ROMANOS
OBXECTIVOS
  • Coñecer o proceso de romanización da Península Ibérica e de Galicia(particularidades)e a importancia fundamental do exército .
  • Indicar os costumes e os aspectos da vida cotiá dos romanos.
  • Describir a estructura dunha cidade romana e identificar as súas edificacións.
  • Explicar a organización social e económica da sociedade romana.
  • Describir a estructura das vilas rurais romanas e explicar as actividades económicas que sde realizaban arredor destes complexos.
  • Recoñecer as cidades e as infraestructuras realizadas polos romanos en Galicia.
CONTIDOS
  1. As lexións e os compamentos romanos.
  2. A estructura da cidade romana e as actividades urbanas.
  3. A organización social dos romanos.
  4. As actividades agrícolas e as vilas rurais.
  5. A Conquista romana en Galicia.
  6. A cidade romana de Lucus Augusti.
  7. Localización das calzadas romanas nas terras acatuais de Galicia

CRITERIOS DE AVALIACIÓN
  • Describe correstacmente as principais edificacións dunha cidade romana e explica a súa función.
  • Recoñece a organización social e económica da socidedade romana.
  • Localiza as calzadas romanas que pasan pasaban por Galicia e valora a súa importanica.
  • Identifica os restos arqueolóxicos da época romana máis significativos que se conservan en Galicia.

miércoles, 13 de febrero de 2013

DISFRAZÁMONOS DE ROMANOS

Aqui estamos todos disfrazados de romanos
































Mirade que cantidade de romanos cando nos xuntamos cos de 5ºA